Árbores senlleiras

CASTIÑEIROS CHINESES E XAPONESES do pazo de Lourizán

Castanea mollisima
  • Especie: Castanea crenata; Castanea mollisima
  • Familia: Fagaceae
  • Localizacion natural: China, Taiwán e Corea
  • Idade: máis de 100 anos
  • Porte: 17,05 m
  • Tronco: 1,25 m
  • Copa: 10 m
  •  
  • Concello: Pontevedra
  • Parroquia: Lourizán
  • Lugar: Pontevedra
  • Altitude: 40 m s. n. m.
  • Coordenadas: 42.407279, -8.665549 e 42.407794, -8.664734
  •  
  • Propietaria/o: Deputación de Pontevedra
  • Historia
  • O pazo de Lourizán atópase na vertente norte do macizo do Morrazo, ao fondo da ría de Pontevedra, entre as poboacións de Pontevedra e Marín. As orixes da propiedade remóntanse ao século XV, cando esta aínda era unha granxa. No século XIX a leira é adquirida polo político Montero Ríos, quen a converte na súa residencia de verán e tamén nun importante foro de reunión das personalidades máis influentes do momento.

    Estes castiñeiros asiáticos, resistentes á enfermidade da tinta, introducíronse no século XIX para cruzalos co castiñeiro do país coa finalidade de obter árbores resistentes á enfermidade e unha madeira e uns froitos de mellor calidade que as dos castiñeiros xaponeses e chineses. Non se trata de individuos de moi avanzada idade nin con caracteres dendrométricos espectaculares; o seu maior mérito consiste en que destes rodais proceden os castiñeiros resistentes que se utilizan desde hai anos en plantacións forestais en Galicia.

  • Entorno
  • O pazo conta con 54 hectáreas de xardín, leira e arboredo. Posúe un importante xardín botánico, con especies exóticas e autóctonas, creado en 1949 baixo a denominación de Arboreto, que reúne especies plantadas desde o século XIX ata a actualidade.

    Estes exemplares atópanse no Castanetum do Arboreto de Lourizán, designado con este nome debido ao gran número de castiñeiros que reúne.

Localización