Árbores senlleiras

CARREIRA DE TILEIROS do pazo de Oca

Carreira de Tilos
  • Especie: Tilia platyphyllos Scop.
  • Familia: Tiliaceae
  • Localizacion natural: este de Asia
  • Idade: 150 anos
  • Porte: 29,7 m e 25,10 m
  • Tronco: 3,32 m e 3,15 m
  • Copa: 14,20 m e 17,7 m
  •  
  • Concello: A Estrada
  • Parroquia: Oca
  • Lugar: pazo de Oca
  • Altitude: 170 m s. n. m.
  • Coordenadas: 42.744010, -8.395259
  •  
  • Propietaria/o: Fundación Casa Ducal de Medinaceli, Sevilla
  • Historia
  • A dos tileiros é unha das carreiras arbóreas máis famosas e transitadas de Galicia. As súas orixes remóntanse á segunda metade do século XIX, talvez ao último terzo, coincidindo co proxecto de xardinaxe levado a cabo por Francisco Vié, xardineiro do Palacio Real en Madrid. Pola súa documentación e bibliografía trátase dun paseo histórico, do que se di que foi un antigo camiño de acceso á casona desde o bosque e que funcionou como hipódromo doméstico.
  • Entorno
  • O pazo de Oca, a propiedade señorial por antonomasia de Galicia, é de mediados do século XV e os seus espléndidos xardíns abarcan 14 hectáreas.

    Os exemplares atópanse situados arredor dunha pradería, formando unha avenida que une o principio do río, que forma o eixe central do xardín palaciano de Oca, coa saída a un bosque autóctono, que tamén forma parte do xardín do pazo.

    O paseo dos tileiros divide en dúas partes o campo agrícola intra muros, un dos compartimentos históricos máis transcendentes do pazo polo seu significado e cometido.

Localización