Árbores senlleiras

CARBALLO de Soutolongo

Carballo
  • Especie: Quercus robur L.
  • Familia: Fagaceae
  • Localizacion natural: Europa, Asia Menor e norte de África
  • Idade: entre 150 e 200 anos
  • Porte: 26 m
  • Tronco: 4,56 m
  • Copa: 22,5 x 24 m
  •  
  • Concello: Lalín
  • Parroquia: Soutolongo
  • Altitude: 155,5 m s. n. m.
  • Coordenadas: 42.621111, -8.143333
  •  
  • Historia
  • Este carballo forma parte do trío de rexistros senlleiros, todos carballos, do concello de Lalín. No seu escudo figura o memorable Carballo da Manteiga, parte do patrimonio perdido de Galicia.
  • Entorno
  • Está entre a ribeira do río Asneiro e unha leira que se dedica ao cultivo do millo, preto do muíño de Espinosa, en Soutolongo.

Localización