Árbores senlleiras

CARBALLO da Portela

  • Especie: Quercus robur L.
  • Familia: Fagaceae
  • Localizacion natural: Europa, Asia Menor e norte de África
  • Porte: 35,80 m
  • Tronco: 3,75 m
  • Copa: 23,50 m
  •  
  • Concello: Mondariz
  • Parroquia: Sabaxáns
  • Lugar: A Portela
  • Altitude: 569,1 m s. n. m.
  • Coordenadas: 42.256395, -8.409997
  •  
  • Historia
  • Trátase dunha árbore que foi centro e obxecto da cultura galega desde a antigüidade, como testemuñan o gran número de cantigas e cancións das que é protagonista:

    "O carballo da Portela
    ten a folla revirada
    que lla revirou o vento
    unha noite de xeada"

    O expediente para incluír o impoñente carballo no catálogo foi cursado polo arqueólogo Alberte Reboreda, no ano 2006, cando era concelleiro en Mondariz xunto a Xosé Márquez. A súa catalogación realizouse por motivos de tamaño, porte e importancia científica e natural.

  • Entorno
  • Está situado nunha valgada a escasos metros dun camiño. A vexetación potencial inicial era unha carballeira acidófila galaico-portuguesa, da que actualmente quedan poucos individuos.

Localización