Árbores senlleiras

CAMELIAS XAPÓNICAS do pazo de Torres de Agrelo

Camelia Japónica
  • Especie: Camellia japonica L.
  • Familia: Theaceae
  • Localizacion natural: Xapón, Taiwán e Corea
  • Idade: entre 100 e 150 anos
  • Porte: 13 m e 12,5 m
  • Tronco: 6,86 m e 4,33 m
  • Copa: 13,6 x 12,3 m e 15,50 x 13,3 m
  •  
  • Concello: Redondela
  • Parroquia: Reboreda
  • Lugar: Asnelle de Abaixo
  • Altitude: 60 m s. n. m.
  • Coordenadas: 42.292078, -8.600992
  •  
  • Propietaria/o: Fernando Marcote Villar
  • Historia
  • Torres de Agrelo é un conxunto arquitectónico do 1750, situado no corazón da ría de Vigo. Posúe un xardín de 80 hectáreas con multitude de zonas paisaxísticas e especies arbóreas únicas en Galicia.

    Ambos exemplares están incluídos entre un grupo de antigas camelias que datan do momento de execución do proxecto paisaxístico do pazo, na segunda metade do século XIX.

    Sitúanse nunha terraza inferior da parte frontal do pazo, nunha zona que noutro tempo foi lugar principal de reunións e paseos dos seus propietarios.

  • Entorno
  • O pazo de Torres de Agrelo atópase na localidade de Redondela, municipio recollido ao fondo da ría de Vigo, na súa marxe esquerda, e flanqueado pola ponte de Rande e a illa de San Simón.

    Os espécimes atópanse na parte máis alta dun conxunto de camelias de gran tamaño, que forman un denso bosquete, e cerca dunha antiga mesa de pedra.

Localización