Árbores senlleiras

CAMELIA XAPÓNICA do pazo de Castrelos

Camelia Matusalen
  • Especie: Camellia japonica L.
  • Familia: Theaceae
  • Localizacion natural: Xapón, Taiwán e Corea
  • Idade: entre 100 e 200 anos
  • Porte: 8,20 m
  •  
  • Concello: Vigo
  • Parroquia: Castrelos
  • Altitude: 50 m s. n. m.
  • Coordenadas: 42.213034, -8.727923
  •  
  • Propietaria/o: Concello de Vigo
  • Historia
  • O xardín do pazo de Quiñones de León créase en tempos do primeiro marqués de Alcedo, en 1860. Está dividido en tres niveis e, co pazo, atópase rodeado por unha muralla. Ocupa unha superficie pequena das 23 hectáreas polas que se estende o parque de Castrelos.

    Trátase dun dos espazos de lecer máis coñecidos de Vigo e un dos expoñentes por excelencia das propiedades señoriais galegas e españolas, cun magnífico pazo e espléndidos xardíns.

    A data máis probable de introdución deste exemplar é o 1860, tras o establecemento de Marques Loureiro no Porto, de quen se conservan documentos escritos sobre a súa achega ao xardín actual. Desde entón, o paso do tempo e o seu emprazamento convertérona nun elemento simbólico de gran sona.

  • Entorno
  • O Matusalén das camelias localízase na parte de atrás do pazo, ao comezo do xardín xeométrico, compartimento central do xardín en terrazas que se estende ante a fachada posterior da mansión. Está á vista de todos, xa que goza dun amplo campo visual e un asentamento idóneo.

Localización