Árbores senlleiras

CAMELIA SASANQUA do pazo de Torres de Agrelo

Camelia sasanqua
  • Especie: Camellia sasanqua Thunberg
  • Familia: Theaceae
  • Idade: entre 100 e 150 anos
  • Porte: 9,40 m
  • Tronco: 3,41 m
  • Copa: 9,5 x 9,4 m
  •  
  • Concello: Redondela
  • Parroquia: Reboreda
  • Lugar: Asnelle de Abaixo
  • Coordenadas: 42.291179, -8.601070
  •  
  • Historia
  • Entorno
  • Esta camelia pertence a unha especie rara en Galicia que ten flores arrecendentes. A base do tronco é regular e divídese pronto, a 0,80 m de altura sobre o chan, en dous brazos que volven dividirse a poucos centímetros.

    A copa é moi fermosa, redonda, globosa e equilibrada, agás unha parte que vexeta deficientemente pola forte competencia á que está sometida debido á proximidade doutras camelias e dunha criptomeria.

    Amosa unha grosa capa de liques e musgo en moitas ramas, ademais dun serio ataque de fumaxina sobre as follas que sería conveniente tratar.

Localización