Árbores senlleiras

CAMELIA RETICULADA do pazo de Oca

Camelia Reticulada
  • Especie: Camellia reticulata Lindl.
  • Familia: Theaceae
  • Localizacion natural: suroeste da China (Yunnan)
  • Idade: entre 125 e 150 anos
  • Porte: 11,20 m
  • Tronco: 1,60 m
  •  
  • Concello: A Estrada
  • Parroquia: Oca
  • Lugar: pazo de Oca
  • Altitude: 170 m s. n. m.
  • Coordenadas: 42.745822, -8.394473
  •  
  • Propietaria/o: Fundación Casa Ducal de Medinaceli, Sevilla
  • Historia
  • A plantación data da segunda metade do século XIX, posiblemente do último terzo, co auxe da xardinería ornamental. A favorable opinión emitida por De Velde, experto holandés e membro da Sociedade Europea de Dendroloxía, multiplicou a fama e a celebridade desta árbore. O auxe experimentado pola cultura da camelia desde hai décadas, con mención especial para o labor desempeñado desde a Sociedade Española da Camelia, contribúe a potenciar a súa posta en valor.

    Este exemplar, da variedade "Captain Rawes", ben visible por medrar xusto detrás da capela, é o mais vello e grande da especie fóra da súa área natural (Yunnan). Nel destacan as súas flores vermellas de gran tamaño.

  • Entorno
  • O pazo de Oca, a propiedade señorial por antonomasia de Galicia, é de mediados do século XV e os seus espléndidos xardíns abarcan 14 hectáreas. A Camellia reticulata está no xardín xeométrico, detrás da capela de Santo Antonio, preto do río. Comparte espazo cunha interesante variedade de árbores históricas en parterres rodeados de sebes de buxo, tan característicos do pazo.

Localización