Árbores senlleiras

CALOCEDRO do pazo de Torrecedeira

Calocedro decurrens
  • Especie: Calocedrus decurrens (Torr.) Florin
  • Familia: Cupressaceae
  • Localizacion natural: oeste de Estados Unidos
  • Idade: entre 125 e 150 anos
  • Porte: 35,30 m
  • Tronco: 6,70 m
  • Copa: 15 x 14 m
  •  
  • Concello: Redondela
  • Parroquia: Cedeira
  • Coordenadas: 42.281061, -8.626814
  •  
  • Propietaria/o: herdeiros de Obdulia de Castro Montenegro
  • Historia
  • Forma parte do proxecto de xardinaxe executado no terceiro cuarto do século XIX (na década de 1860) en tempos de Manuel Bárcena de la Concha y Franco, primeiro conde de Torrecedeira. O plano é un dos mellores do mundo palaciano; foi deseñado por un arquitecto francés e executado por Lombard e transformou o terreo nun espléndido parque presidido por esta magnífico exemplar.

    Aínda que o pazo é do século XII, esta árbore plantouse cando se deseñou o xardín, na década de 1860, e tan preto da casa que agora semella ser o gardián perpetuo do pazo.

  • Entorno
  • O pazo de Torrecedeira é un artístico palacio residencial; as súas orixes remóntanse ao século XII e o terreo (de 5 ha) converteuse nun parque arborado, con dúas partes diferenciadas: o parque-xardín e o bosque axardinado. O cedro atópase na parte alta do parque-xardín, nun cadro integrado na contorna inmediata da casona señorial, na zona posterior.

Localización