Árbores senlleiras

BUXAL do pazo de Oca

  • Especie: Buxus sempervirens L.
  • Familia: Buxaceae
  • Localizacion natural: Europa, oeste e norte de África
  • Idade: 400 anos
  • Porte: 13,20 m
  • Tronco: 1,5 m
  •  
  • Concello: A Estrada
  • Parroquia: Oca
  • Lugar: Oca
  • Altitude: 170 m s. n. m.
  • Coordenadas: 42.745282, -8.395597
  •  
  • Propietaria/o: Fundación Casa Ducal de Medinaceli, Sevilla
  • Historia
  • A súa aparición é coetánea ao proxecto de xardinaxe realizado na primeira metade do século XVIII, con motivo da transformación da fortaleza en pazo. Algúns investigadores pensan que a emblemática formación vexetal que rodea os estanques evolucionou a partir das sebes por falta de coidado e poda, mais os buxos xa eran así desde as orixes, cando menos no río. Nada se sabe con seguridade do arboredo restante, do que forma parte a carreira do Conde.
  • Entorno
  • O pazo de Oca, a propiedade señorial por antonomasia de Galicia, é de mediados do século XV e os seus espléndidos xardíns abarcan 14 hectáreas. O buxal, unha das creacións máis significativas do seu xénero en Galicia, ten no río e na carreira do Conde os seus escenarios principais e esténdese por outros paseos secundarios, inmerso na xardinería ornamental e hortícola da posesión.

Localización