Árbores senlleiras

CARREIRA DE BUXOS da illa de San Simón

Buxos
  • Especie: Buxus sempervirens L.
  • Familia: Buxaceae
  • Localizacion natural: Europa, oeste e norte de África
  • Idade: máis de 100 anos
  • Porte: 7,60; 7,90 e 10,80 m
  • Tronco: 0,50; 0,60 e 0,66 m
  • Copa: 3,50; 3,00 e 2,75 m
  •  
  • Concello: Redondela
  • Parroquia: Cesantes
  • Lugar: illa de San Simón
  • Altitude: nivel do mar
  • Coordenadas: 42.307011, -8.628182
  •  
  • Propietaria/o: Xunta de Galicia
  • Historia
  • A illa está unida a varias lendas e marcada por momentos importantes da historia de Galicia: batallas navais (como a de Rande), mosteiro, lazareto e cárcere (de 1936 a 1943).

    A plantación do buxal pode datar de metade do século XX e coa mesma disposición que adopta actualmente, xa que non sufriu modificacións.

    A Fundación Illa de San Simón é a encargada desde o ano 2007 de conservar e promover os valores patrimoniais e dinamizar a actividade cultural deste arquipélago.

    A súa situación nun lugar tan emblemático e ligado á historia recente de Galicia contribúe a garantir a súa conservación.

  • Entorno
  • A illa de San Simón é un espazo que conta cun valioso patrimonio artístico, cultural e natural. O paseo de buxos, situado nunha terraza elevada, localízase nunha zona primordial, pois é punto de paso obrigado cara a outros lugares; chégase a través dunha escalinata desde o embarcadoiro e a zona de entrada, despois de deixar atrás unha praza que desemboca directamente no paseo.

    A súa riqueza paisaxística é parte do patrimonio histórico de San Simón, con parques e xardíns con personalidade que se cimentaron ao longo dos séculos grazas á incorporación de especies traídas doutras latitudes, que se fusionaron coas autóctonas. O mar forma un cerco ao redor dunha bóveda vexetal onde crecen buxos centenarios.

Localización