Árbores senlleiras

ARAUCARIA da Carballeira

Araucaria
  • Especie: Araucaria bidwillii Hook.
  • Familia: Araucariaceae
  • Localizacion natural: Australia
  • Idade: 130 anos
  • Porte: 25,4 m
  • Tronco: 3,80 m
  • Copa: 11,10 m
  •  
  • Concello: Pontevedra
  • Parroquia: Salcedo
  • Lugar: A Carballeira, pazo de Gandarón
  • Altitude: 95,9 m s. n. m
  • Coordenadas: 42.405166, -8.643328
  •  
  • Propietaria/o: Deputación de Pontevedra
  • Historia
  • O pazo de Gandarón está situado na parroquia de Salcedo e construíuno o arcebispo Sebastián Malvar Pinto a finais do século XVIII. Na segunda metade do XIX Jerónimo Malvar Taboada herdou a propiedade, ampliouna e creou o xardín. Actualmente pertence á Deputación de Pontevedra e desde 1928 é a sede da Misión Biolóxica de Galicia, que pertence ao Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC).

    O pazo e os xardíns rehabilitáronse entre 2005 e 2009 co deseño orixinal e reparáronse os elementos significativos, como o enreixado, o quiosco, a fonte e os estanques.

  • Entorno
  • As coníferas son as plantas máis abundantes no xardín, e coa araucaria atopamos algunhas criptomerias. Ademais do impresionante espécime de Magnolia soulangeana, tamén podemos contemplar limeiras, lagerstroemias, camelias e palmeiras. Todo iso, xunto cos estanques e construcións, forma un pequeno pero harmónico xardín que ten no centro, fronte á fachada principal do pazo, a araucaria.

    Esta árbore está citada como exemplar singular no libro Flora ornamental de España (Lillo e Ramos, 1972).

Localización