Árbores senlleiras

SOBREIRA de Valboa

Sobreira
  • Especie: Quercus suber L.
  • Familia: Fagaceae
  • Localizacion natural: sur de Europa e norte de África
  • Idade: 500 anos
  • Porte: 20,30 m
  • Tronco: 9,43 m
  • Copa: 17,32 m
  •  
  • Concello: A Estrada
  • Parroquia: San Xiao de Arnois
  • Lugar: Valboa
  • Altitude: 170 m s. n. m.
  • Coordenadas: 42.757455, -8.399025
  •  
  • Propietaria/o: Ricardo Ramos Vázquez
  • Historia
  • A característica máis notable é o oco do tronco, consecuencia da podremia e da calcinación (polo incendio que sufriu na década de 1980). O oco, que se prolonga polos brazos, faise visible desde o exterior pola perda dunha parte do fuste, que abre unha porta de acceso coma unha garita e mingua o valor da circunferencia.

    Na Festa da Virxe das Neves (5 de agosto) colócanse no cume da copa unha bandeira española e unha bandeira galega. Este costume, ademais de poñer unha nota tradicional e pintoresca na vida da árbore, enriquece a súa historia e a súa cultura.

  • Entorno
  • Esta paisaxe está presidida polo curso do río Ulla, a pouca distancia da ponte da estrada Santiago-Ourense. A sobreira localízase na parte alta dun prado do val, ao lado da casa dos Hórreos e da capela da Virxe das Neves, outrora pertencentes ao dono do monumento verde. Pola súa situación tamén se coñece como sobreira da capela da Virxe das Neves.

    Ata fai ben pouco o exemplar lindaba co palco musical do campo da festa, como pode comprobarse en numerosas fotografías. Na actualidade ese palco, que se atopaba en mal estado, foi derruído.

Localización