Árbores senlleiras

ALCANFOREIROS do pazo de Rubianes

Alcanfor
  • Especie: Cinnamomum camphora (L) J. Presl.
  • Familia: Lauraceae
  • Localizacion natural: China, Taiwán e Xapón
  • Idade: entre 100 e 125 anos
  • Porte: 19,20 m
  • Tronco: 3,75 m
  • Copa: 22,50 m
  •  
  • Concello: Vilagarcía de Arousa
  • Parroquia: Rubiáns
  • Lugar: A Feira Nova
  • Altitude: 70 m s. n. m.
  • Coordenadas: 42.579376, -8.734301
  •  
  • Propietaria/o: marquesa de Rubianes
  • Historia
  • As sementes chegan a finais do século XIX, en tempos de Gonzalo Ozores Saavedra, como un obsequio do marqués de Rincón (Madrid) que as adquirira nunha viaxe á India. Debido á gran capacidade xerminativa polas condicións idóneas da finca, todos os anos nacen abundantes pés que os donos regalan a familiares, amizades e visitantes. Este costume foi sementando a xeografía galega dunha inxente poboación con denominación de orixe.

    É o único exemplar que segue vivo dos obtidos das sementes que o marqués de Rincón trouxo da India a finais do século XIX e, polo tanto, o máis vello de España.

  • Entorno
  • A masa de alcanforeiros aparece a ambos os lados da fronteira entre o campo agrícola occidental e o bosque, co estanque e o hórreo como construcións referenciais.

Localización