Árbores senlleiras

ABETO BRANCO do Carballal

  • Especie: Abies alba Mill.
  • Familia: Pinaceae
  • Localizacion natural: rexións montañosas de Europa
  • Idade: 130 anos
  • Porte: 23,10 m
  • Tronco: 2,95 m
  • Copa: 12,40 m
  •  
  • Concello: A Estrada
  • Parroquia: Arca
  • Lugar: O Carballal
  • Altitude: 170 m s. n. m.
  • Coordenadas: 42.625846,-8.473013
  •  
  • Propietaria/o: Ana María Gómez Baliño. Finca de Gómez Baliño
  • Historia
  • A presenza e a plantación da conífera están ligadas a Juan Baliño Rivas (1867-1962), coñecido escultor nacido na casa familiar. Deixou unha importante produción artística da que forman parte os traballos escultóricos no pazo de Lourizán, por encargo de Eugenio Montero Ríos. De alí levou en agradecemento o pé de abeto branco, entre finais do século XIX e principios do XX. A pesar de ser unha árbore coñecida no ámbito municipal estradense, a inclusión no Catálogo galego de árbores senlleiras levouna á fama, encontrando en tal condición o seguro de vida que solucionou a problemática situación que afectaba a súa existencia vital; o empeño posto polos propietarios para a súa defensa e conservación é salientable.

    Seguramente, o exemplar catalogado non é o de maior idade de Galicia, pero atesoura uns valores históricos que magnifican a súa importancia.

  • Entorno
  • A finca Miradoiro (1.500 m2) é unha propiedade privada murada cun interesante patrimonio arquitectónico: a casona, que se remonta ao século XVII, o hórreo, o pombal, a cabana, a pérgola, o pozo e o xardín paisaxista presidido polo monumento verde, no alto da posesión, pegado á cabana porticada e ao muro de máis de 2 m de altura que rodea a parcela e que linda cun camiño de paso e unha casa veciña.

    O fuste está rodeado por unha beirarrúa que chega a 20 cm da súa base.

Localización