Árbores senlleiras

ABELEIRA do pazo de Lourizán

  • Especie: Corylus avellana L.
  • Familia: Betulaceae
  • Localizacion natural: Europa e Asia
  • Idade: máis de 100 anos
  • Porte: 9,90 m
  • Copa: 11,40 m
  •  
  • Concello: Pontevedra
  • Parroquia: Lourizán
  • Lugar: Pontevedra
  • Altitude: 40 m s. n. m.
  • Coordenadas: 42.410432, -8.664212
  •  
  • Propietaria/o: Deputación de Pontevedra
  • Historia
  • O pazo de Lourizán atópase na vertente norte do macizo do Morrazo, ao fondo da ría de Pontevedra, entre as poboacións de Pontevedra e Marín. As orixes da propiedade remóntanse ao século XV, cando esta aínda era unha granxa. No século XIX o político Montero Ríos adquire a leira, convértea na súa residencia de verán e tamén nun importante foro de reunión das personalidades máis influentes do momento.

    O pazo conta con 54 hectáreas de xardín, leira e arboredo. Posúe un importante xardín botánico, con especies exóticas e autóctonas, creado en 1949 baixo a denominación de Arboreto, que reúne especies plantadas no xardín desde o século XIX ata a actualidade.

  • Entorno
  • A abeleira atópase nunha zona axardinada no lado esquerdo do espectacular invernadoiro de cristal.

Localización